Portosín acollerá do 3 ó 6 de xuño o Campionato de España ILCA na categoría máster

PORTO DO SON> Esta mañá presentábase nas instalacións do Real Club Náutico de Portosín o Campionato de España na Clase ILCA na categoría master. A cita contará cun gran elenco de regatistas, moitos deles campións olímpicos.

O Real Club Náutico de Portosín acollerá do 3 ó 6 de xuño o Campionato de España na Clase ILCA na categoría master. A cita, presentada esta mañá na sede do náutico sonense, é unha das citas velísticas máis importantes do panorama nacional, polo que dende o Club agradeceron á Real Federación de Vela o feito de poder acoller este campionato.

Na proba, agárdase unha participación de aproximadamente uns cen regatistas, chegados dende diferentes clubs náuticos de toda España. Entre os participantes referentes da vela a nivel mundial, algún deles campións olímpicos, como é o caso de José Luís Doreste.

Na presentación da proba participou a directora xeral de Turismo, Nava Castro, así como tamén o alcalde sonense, Luís Oujo. os dous destacaron a importancia desta proba, que servirá tamén para promocionar turísticamente a ría de Muros-Noia.

Dende a organización agradeceron tamén a colaboración dun importante número de entidades e empresas que fan posible esta proba como é o caso da Confraría de Portosín, Conservas Sotavento, Patatas Bonilla, a adega Paco y Lola ou Gadis.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí