Máis de 50 mil obxectos postais sen repartir na oficina de Correos

    queixascigcorreosrianxo_100_290509.jpgRIANXO> A CIG volve denunciar a precaria situación que rexistra o servizo postal neste municipio.

    {flowplayer}barbanza/queixascigcorreosrianxo.flv{/flowplayer}

    Que o servizo de Correos en Rianxo presenta deficiencias non é novidade. Si o son os corenta mil obxectos postais xerados pola campaña electoral en forma de propaganda e as baixas médicas rexistradas entre o persoal que acabaron por agravar a situación. A CIG-Correos denuncia que a propaganda electoral ten preferencia polo que a correspondencia habitual rexistrará aínda maiores retrasos.

    Eliminación reparto

    Ante este feito, o secretario de organización, Anxo Álvarez, critica ademais a decisión do goberno central de eliminar o reparto extra que ata o de agora se viña realizando durante a segunda semana de campaña electoral. Para solventar esta situación, dende o sindicato demandan un incremento de persoal no servizo de reparto de Rianxo así como a cobertura das ausencias de traballadores xa sexan motivadas por baixa médica, permisos ou vacacións. En concreto reclaman tres traballadores máis apra ofrecer un servizo de calidade, xa que na actualidade soamente sete carteiros realizan o reparto nun municipio de case doce mil habitantes.

    Redacción Barbanza