Medio Rural destinará máis de 400 mil euros a actuacións na Pobra

    obrasmedioruralpobra_100_090509.jpgPOBRA> O alcalde da Pobra solicitou a Medio Rural financiación para a realización de obras no municipio presupostadas en máis de 400 mil euros.

    {flowplayer}barbanza/obrasmedioruralpobra.flv{/flowplayer}

    A xuntanza mantida onte en Santiago polo rexedor pobrés co Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, non puido ser máis satisfactoria. Este último comprometeuse a financiar varios proxectos a desenvolver no municipio.

    Mellora do saneamento

    A primeira delas será a pavimentación dos accesos e a mellora das redes de saneamento e abastecemento de auga ós núcleos do Xobre, Vilariño de Arriba e Portocarro. Unhas obras presupostadas en máis de 95 mil euros.

    O Conselleiro de Medio Rural tamén lle deu o seu visto bo a diversas obras de saneamento e abastecemento de auga no lugar do Toxo na parroquia de Postmarcos e na zona de Pozo, en Santa Cruz, onde finalmente se incluirá o separativo de pluviais e fecais como demandaban os veciños.

    Outras actuacións

    Samuel Juárez tamén se comprometeu a colaborar económicamente co concello pobrés na adquisición dunha nova motobomba, así como a financiar parte das obras de construción do novo acceso á praia da Illa que se executan actualmente.

    Redacción Barbanza