Pontevedra estrea este domingo o colexio administrado electrónicamente

    votacion_electronica_copia.jpgPONTEVEDRA> O novo sistema permitirá facer o reconto de votos electrónicamente. Solo tres cidades en España acollerán o proxecto electoral.

    Os colexios electorais de Pontevedra van estrear, este domingo, un novo sistema de reconto de votos electrónicos, xunto con Salamanca e Lleida. Hoxe presentouse a nova ferramenta informática a partidos políticos, deputados e senadores na subdelegación do Goberno.

    O novo sistema informático fará o reconto automático de votos e votantes que acoden ás urnas. Deste xeito o control será máis rápido e máis preciso, co que se evitaran erros humanos. Nas listas do censo dixitais identificarase ó votante, que logo depositará o sobre co seu voto no caixón. Unha vez se cerre o colexio electoral, os compoñentes da mesa abrirán os sobres e separarán as papeletas, segundo os partidos políticos. As novas papeletas, que se van estrear o domingo, incorporan cun código de barras impreso, en función de cada partido político. Un lector óptico, incorporado ó sistema, lerá os códigos de barras e fará o reconto dos votos, automáticamente.

    Ó final da xornada electoral, os datos envíanse a velocidade real dende os colexios electorais ó centro de reconto nacional. Para facilitar a implantación da nova aplicación, haberá representantes da Administración central nos colexios electorais de Pontevedra, que axudarán ós compoñentes da mesa. Os cidadáns poderán acudir a votar co seu DNI tradicional ou electrónico. Na versión moderna do documento de identidade fará falla o número PIN persoal.

    A ferramenta vaise estrear o domingo, nas 105 mesas dos 43 colexios electorais de Pontevedra. A estas alturas, o concello prepara a infraestrutura necesaria para que todo funcione á perfección. Si o proxecto conta co éxito desexado implantarase na maioría dos colexios electorais de toda España, nos vindeiros comicios locais.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/040609_colexio_electronico.flv{/flowplayer}