‘Regalar cinco millóns de euros a Brenntag é un escándalo’

    pachivazquez copia.jpg CATOIRA> O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, asegura que pedirá explicacións ó goberno galego no Parlamento.

    {flowplayer}images/salnes/XANTAR_PSOE_CATOIRA_260312.flv{/flowplayer}

    O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, Pachi Vázquez, asegura que pedirá explicacións ó goberno galego para saber por qué se negociou o cobro de cinco millóns e medio de euros pola catástrofe de Brenntag, cando o montante da indemnización roldaba os dez millóns. O lídes dos socialistas galegos, que por aquel entón era conselleiro de Medio Ambiente, cualifica de ‘escándalo’ a decisión tomada pola actual Xunta, e así o declarou durante a celebración esta fin de semana do Xantar da Rosa en Catoira.

    O outro anuncio que traía preparado para a cita era o inicio dunha campaña por toda Galicia no que os socialistas deixarán claro o seu rexeitamento ó sistema de copago na sanidade, que terá, din, como principais prexudicados, ós pensionistas.

    E se o que busca o goberno galego é incrementar as arcas, desde o Partido Socialista propoñen a fixación de impostos á banca seguindo o modelo, apunta Vázquez, de comunidades como Estremadura ou Andalucía.

    Redacción Salnés