O repunte da covid19 na Pobra pecha o concello e a súa hostalería

A POBRA> A Pobra pasa ao nivel máximo de restricións. O repunte de contaxios de coronavirus levou ao comité clínico a tomar esta decisión, que supón o peche perimetral do concello. É dicir, os seus veciños só poderán saír do municipio por causas xustificadas.

A medida afecta tamén á hostalería. Terá que pechar e só poderá atender os servizos a domicilio e para levar. En canto ás reunións, estarán limitadas a persoas conviventes.

Pola súa banda, o comité decidiu manter no nivel alto os municipios de Ribeira e Moraña. Aquí a situación non muda: non está limitada a mobilidade, pero a hostalería só pode atender en terraza e ao 50% da súa capacidade.

O concello que recibe boas novas é o de Cambados. A boa evolución de casos volve baixalo de nivel, ata o medio. Isto supón que a hostalería poderá abrir ata un 30% no interior e un 50% en terraza.

Neste nivel siguen tamén Boiro e Rianxo.

Todas estas medidas entrarán en vigor da noite do venres para o sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí