CC.OO. pide a readmisión de tres despedidos de Granitos Oliveira

    granitos_oliveira100.jpgRIBADUMIA> CC.OO. esixe a readmisión de tres traballadores despedidos da empresa Granitos Oliveira.

    {flowplayer}images/salnes/granitos_oliveira.flv{/flowplayer}

    RIBADUMIA> Comisións Obreiras esixe a readmisión de tres traballadores despedidos da empresa Granitos Oliveira, situada no Polígono Industrial do Salnés, en Ribadumia. O sindicato organizou este mediodía unha concentración de protesta ás portas da firma.

    Considera que os despedimentos destes empregados foron inxustos e se debe só a que están afiliados a un sindicato. O sindicato afirma que hai medo entre os traballadores que inda seguen activos na empresa e que por iso non se atreveron a sumarse á concentración desta mañá.

    Segundo Comisións, a empresa insiste no despido e propón indemnizacións que están por debaixo do que estipula a lei. O asunto irá a xuízo o vindeiro día 18, e ata entón, o sindicato advirte que fará novas protestas.

    Redacción Salnés