Os bebés nados no Hospital do Salnés poderán inscribirse no propio centro dende mañá

    VILAGARCÍA> A partires de mañá, os nenos que nazan no Hospital do Salnés poderán inscribirse dende o propio centro. Con este proxecto piloto, os pais poderán entregar toda a documentación no hospital, evitando así ter que desprazarse ata o correspondente rexistro civil. Este sistema só está en marcha en 24 centros de toda España, dous deles en Galicia: o Hospital Provincial de Pontevedra e o do Salnés.

     

    O rexistro civil vía telemática chega mañá ao Hospital do Salnés. Con este novo sistema, os nenos que nazan no centro poderán ser inscritos dende o propio hospital, evitando os desprazamentos. Os pais contarán con 72 horas dende o nacemento para facer os trámites.

    Este proxecto piloto chega ao Salnés despois dun período de probas en Pontevedra. No Hospital Provincial, xa hai dúas semanas que funciona este servizo, totalmente gratuíto e voluntario para os pais. 

    Os dous centros do CHOP son os únicos en toda Galicia nos que está a funcionar este sistema, aínda que a intención é que se poña en marcha en todos os hospitais da comunidade antes de finais de ano. En España, polo de momento, son un total de 24 os que contan con este rexistro vía telemática.

    Aínda así, en ningún dos casos se elimina o método tradicional, e os pais que o desexen poderán seguir acudindo ao rexistro civil para inscribir os seus fillos.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/hospital_rexistro_bebes.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/10outubro/29/hospital_rexistro_bebes.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí