![]()
SALNÉS> O PP gañou as Eleccións Europeas co 42,23% dos votos e 23 escanos fronte ó 38,51% e 21 eurodeputados do PSOE.
{flowplayer}images/salnes/ELECCIONS_EUROPEAS.flv{/flowplayer}
SALNÉS> O PP gañou claramente as eleccións europeas co 42,23% dos votos e 23 escanos fronte ó 38,51% e 21 eurodeputados dos socialistas. Con case 600 mil votos de diferenza, este é o primeiro triunfo do PP de Rajoy sobre o PSOE de Zapatero.
A Coalición por Europa, que encabezan CiU e PNV, foi a terceira forza con 2 eurodeputados. Esquerda Unida logrou conservar os dous que tiña e Unión, Progreso y Democración de Rosa Díez conseguiu entrar no Parlamento Europeo cun deputado. Europa de los Pueblos, con ERC e BNG, tamén obtivo un escano.
En Galicia, os populares conseguiron incluso máis votos que nas europeas de hai cinco anos, acaparando o 50,67% dos votos. O PSOE, pola contra, cedeu 1,95% e o BNG un 2,92%. O Partido Popular enlaza na comunidade galega dúas vitorias consecutivas contra o PSOE, tralo triunfo de Núñez Feijoo o pasado 1 de marzo. Con respecto a esa data, os populares medraron en catro puntos, mentres que o PSdeG cedeu tres e o BNG case sete.
Na provincia de Pontevedra, o PP destaca que en tan só dous anos, incrementou o seu apoio electoral en máis de sete puntos en catro citas electorais. O presidente provincial Rafael Louzán felicitouse polos resultados e destacou que demostran que o PP é o partido no que confían os galegos. Louzán tamén valorou de ‘descalabro’ a caída do BNG, como demostran os 40 puntos que o separan do PP nesta provincia. Os nacionalistas só conseguiron un 9,90% fronte a un 42,26% do PP. Os populares gañaron en 58 dos 62 concellos de Pontevedra.
Redacción Salnés








