Un destrutor de sarabia ou traballos con IA: as novas tecnoloxías póñense ao servizo da viticultura

VILAGARCIA> As principais innovacións do sector vitivinícola danse cita estes días en Vilagarcía na feira Vintec. As novas tecnoloxías póñense ao servizo das adegas na procura dunha maior eficiencia e sostibilidade. Entre os máis de 150 expositores que compoñen o salón podemos atopar incluso novas ferramentas con intelixencia artificial ou incluso un sistema que permite protexer os viñedos das sarabiadas.

Vintec abarca todos os servizos precisos para a produción, recolección, elaboración e distribución do viño. Pero este salón do sector vitivinícola que estes días acolle Vilagarcía pon o foco na innovación e no aproveitamento das novas tecnoloxías tanto a pé de viñedo como na xestión diaria da adega. Entre as principais novidades, a intelixencia artificial, que tamén se pon ao servizo do sector vitivinícola.

Outro expositor chama a nosa atención prometendo protección do viñedo contra a sarabiada. Un fenómeno, explican os seus responsables, cada vez máis habitual e severo, como consecuencia do cambio climático.

Coa vista posta no medio ambiente, nestoutro stand propoñen un novo sistema de embalaxe que reduce o consumo de plástico. Ademais, ofrecen barricas de cristal.

E máis avances para o proceso de elaboración. Por exemplo, un novo sistema de lubricación seca para o proceso de embotellado.

Ademais de empresas internacionais e chegadas doutros puntos de España, en Vintec tamén hai espazo para proxectos galegos. Un deles atopámolo na zona de maquinaria, onde tamén hai novidades. Por exemplo nos tractores para as viñas con atomizadores cunha única boquilla.

Tamén outras empresas que xogan na casa, como esta firma vilagarciá especializada na venda de mangueiras industriais.

O salón Vintec, no recinto de Fexdega, poderase visitar ata este venres.