CAMBADOS> Terrible episodio de maltrato animal en Cambados. O Refuxio de Animais denuncia a morte dun can que foi atopado esta fin de semana no mar, na zona de Castrelo, con signos de violencia. Malia os incesantes intentos por salvarlle a vida, o animal acabou falecendo este domingo. Dende o Refuxio fan un chamamento á veciñanza para localizar aos seu dono. Explican que decidiron facer público este caso para concienciar á sociedade sobre o maltrato animal.
No Refuxio de Animais de Cambados aínda están en shock logo do duro episodio que viviron esta fin de semana e que, por desgraza, rematou sen final feliz. Uns rapaces que paseaban pola zona de Castrelo localizaron este can gravemente ferido dentro do mar. Axiña chamaron á Policía Local que, á vista do estado do animal, contactou co Refuxio.
Pero a cousa non quedaba aí. Olga cre que tivo que levar un golpe, que lle provocou unha hemorraxia interna, que lle acabou provocando a morte.
No Refuxio barallan dúas hipóteses sobre o que puido ter ocorrido.
Dende o Refuxio fan agora un chamamento para localizar ao dono deste can, vítima dun claro caso de maltrato animal.
Olga e o seu equipo recoñecen estar tocados logo deste caso. Saben que fixeron todo o que estaba na súa man, pero aínda así pésalles non ter podido salvalo.
Dende o Refuxio decidiron facer público este caso, para que sirva para concienciar sobre o maltrato animal. Apuntan que aínda a día de hoxe na nosa contorna seguen sendo moi habituais os casos de violencia sobre as mascotas, tanto en cans como gatos.











