Boa acollida do DegustaTapas na súa primeira semana

     SANXENXO> A alcaldesa Catalina González achegouse ata o Hotel Rotilio para coñecer como se está desenvolver a cuarta edición deste concurso

    {flowplayer}images/salnes/RutaDegustaSanxenxo_230513.flv{/flowplayer} 

    Estas son as tapas que presenta o Hotel Rotilio para esta cuarta edición do Sanxenxo DegustaTapas e que esta mañá degustaron a alcaldesa Catalina Gonzálesz, acompañada de varios membros do seu equipo de goberno e das asociacións de empresarios locais.

    Neste certame participan 34 establecementos, arrancou o pasado 17 de maio e desenvolverase ata ó 23 de xuño, unha semana máis que o ano pasado. Son un total de 79 as tapas que concorren neste concurso que ano a ano vai collendo máis forza.

    Os propios empresarios recoñecen que iniciativas coma esta sírvenlles para aumentar a clientela. Agardan que o bo tempo que se augura para esta fin de semana traia tamén consigo a numerosos visitantes a Sanxenxo. 

    Ademais do DegustaTapas, en Sanxenxo tamén se está a levar a cabo este días o DegustaDrink, en 19 establecementos que ofertan cócteles con e sen alcol. Toda a información do concurso pódese consultar na recén creada guía turística ePocketGuide.

    Redacción Salnés