Mozos e maiores danse a man no magosto interxeracional da Asociación O Castro de Baión

VILANOVA>  Un magosto interxeracional para loitar contra a Faro das Luas non desexada. Esa é a proposta  organizada este xoves á tarde pola Asociación O Castro de Baión, en Vilanova. Na actividade participou alumnado de varios institutos da zona, que se encargaron de compartir a xornada cos usuarios que acoden acotío ao espazo de maiores da entidade. Ademais de tempo para a conversa, gozaron todos xuntos do magosto, con castañas e música.

A soidade non desexada é un dos grandes problemas aos que se enfronta a sociedade. Conscientes desta situación, na Asociación O Castro de Baión, en Vilanova, leva tempo poñendo o foco nas necesidades das persoas maiores. Este xoves á tarde organizaron un magosto interxeracional, na que se deron cita os usuarios que se achegan acotío ao espazo de maiores da entidade e mocidade de varios institutos.

A proposta nace partindo das xornadas sobre idadismo que organiza o colectivo, nas que se reflexiona sobre a discriminación ás persoas maiores por cuestión de idade ou sobre a soidade non desexada. No magosto interxeracional, maiores e mozos tiveron tempo de conversar e escoitarse uns a outros.

Unha conversa, polo que relatan uns e outros, moi enriquecedora.

Neste magosto interxeracional participou alumnado do Instituto Castro Alobre, de Vilagarcía, e da Basella e Faro das Luas, de Vilanova.

Esta foi a primeira das moitas xornadas que aínda quedan por diante. A intención da asociación O Castro e dos institutos implicados é seguir organizando novas actividades conxuntas que unan a mozos e maiores ao longo de todo o curso.