Camiño completa cos directores o dossier de demandas para Educación

    demandas_educacion_vilagarcia100_110609.jpgVILAGARCÍA> A concelleira de Educación concretou cos directores de Primaria as demandas que trasladarán á Xunta.

    {flowplayer}images/salnes/DEMANDAS_EDUCACION_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A concelleira de Educación, Susana Camiño, concretou cos directores de tódolos centros de Primaria do municipio as demandas que se lle trasladarán á Xunta.

    O dossier que Camiño levará á entrevista co conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, abarca dende obras e dotación de equipos, ata creación de novos servizos e reordenación da área educativa. Os centros públicos, piden sobre todo obras para suprimir barreiras arquitectónicas, para substituír cubertas ou para renovar a fontanería e electricidade.

    Para os centros concertados estableceuse un apartado propio no que se pide máis material para as bibliotecas, ordenadores e encerados dixitais. No dossier tamén se pon un apartado para o Centro de Educación Especial, que demanda transporte e mobiliario adaptados, ou ampliación dos servizos de rehabilitación.

    A edil Susana Camiño tamén solicitará ó conselleiro a creación dunha cociña centralizada para os comedores escolares, evitando así os catering. A petición dos centros, tamén se lle trasladará á Xunta a necesidade de crear máis aulas para nenos con autismo, como a que existe no colexio A Lomba. O Concello espera que a reunión con Educación se produza pronto.

    Redacción Salnés