Nenos vilagarciáns entran en contacto coa lingua de signos a través dun contacontos

VILAGARCÍA> A lingua de signos racha coas barreiras comunicativas das persoas xordas. Para fomenta-lo seu coñecemento entre a sociedade, son varias as iniciativas que se impulsan, por exemplo dende a Organización XOGA. O colectivo de xordos de Galicia organizou esta mañá un contacontos en Vilagarcía, destinado ós máis pequenos.

As barreiras comunicativas son unha das principais dificultades que atopan no seu día a día as persoas xordas.  Hoxe, un grupo de nenos e nenas vilagarciáns entraron en contacto coa lingua de signos, a través dun contacontos.

Raquel e Alba traballan nas súas actividades con nenos moi pequenos. Para moitos é aínda descoñecida. A súa reacción é moi positiva.

O contacontos en lingua de signos tivo lugar esta mañá, á sombra das árbores da praza da Independencia de Vilagarcía. Hoxe, a través de varias historias, os rapaces aprenderon as letras do alfabeto, as cores e mesmo os nomes de varios animais.

A ensinanza da lingua de signos nos centros educativos segue a ser unha asignatura pendente, aínda que nos últimos anos xa se foi intrudindo ós poucos.

Porque aprendendo lingua de signos dende pequenos, non só descubrimos un xeito diferente de comunicarnos, estámonos abrindo ó mundo é mellorando a accesibilidade social daquelas persoas que teñen como xeito único de comunicación as súas mans.

Comments are closed.