SANXENXO> 150 veciños reuníronse na praia da Carabuxeira en Sanxenxo para esixir a súa rexeneración. Xa levan 20 anos reclamando esta mellora. Seguirán cas concentracións mentres Costas, a Xunta ou o concello non tomen medidas.
Unha praia convertida nun pedregal. Ese é o estado na actualidade da Carabuxeira, en Sanxenxo, despois de máis de 20 anos de actividade das correntes, sen que se tomase ningunha medida. Pero o que non pode levar o mar nin o tempo é a loita duns veciños que seguen reclamando que se aplique o plan de rexeneración da praia aprobado en 1999.
O domingo tivo lugar outra concentración. Nela déronse cita máis de 150 persoas. A veciñanza reclama que todas as administracións se impliquen e se poñan de acordo. Lamentan que só os acompañasen representantes de En Marea, algo que, segundo din, terán en conta nas vindeiras eleccións.
A veciñanza tamén se queixa de que tanto SAL como o PP de Sanxenxo non cumprisen as súas promesas de rexenerar a Carabuxeira, Lavapanos e a Panadeira. A próxima manifestación farase na Semana Santa, aproveitando as vacacións de moitos propietarios que non residen na vila pero que apoian a rexeneración.