As Lembranzas presentan o seu primeiro disco Gaëla no pregón das Festas dos Callos de Meis

MEIS> As Lembranzas presenta no pregón das festas de San Bieito de Meis o seu primeiro disco, Gaela. Un CD que recolle 13 cancións do dúo meisino no xénero celta. Nos seus temas, as artistas fusiona as letras, a música e o sentimento da súa terra.

As festas dos callos de San Bieito de Meis xa están en marcha. O festexo inaugurouse onte co pregón das Lembranzas. O dúo meisino  presentou o seu primeiro disco, Gaela. Un álbum creado xunto co produtor Yoni Vidal e composto por trece cancións dentro do xénero celta.

O disco é o resultado de tres anos de traballo. Os seus temas fusión a letra, a música e o sentimento da súa terra. Unha característica das cantantes que destacou o seu padriño artístico Isi.

Dende o concello mostraron a súa satisfacción por inaugurar as festas cunhas artistas que levan o nome de Meis alá onde actúan.

As artistas amenizaron a presentación con algunhas das cancións do seu disco. Os interesados en mercar ou escoitar a música de Gaela das Lembranzas pode facelo a través das diferentes plataforma dixitais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí