Os veciños da rúa Sanxenxo elixen entre a cesión ou expropiación dos terreos

    obras_rua_sanxenxo_100.jpgSANXENXO > Os veciños afectados polo proxecto Urbanización Rúa de Sanxenxo, asistiron esta mañá a unha reunión informativa con varios técnicos da Deputación …

    … de Pontevedra. O obxectivo da cita foi o de axilizar os traballos, que xa comezaron hai uns días, coa cesión voluntaria dos terreos dalgúns dos propietarios afectados.

    As opcións polas que podían optar esta mañá os veciños sobre o proxecto, que dotará dunha estrada de dobre sentido á rúa Sanxenxo, eran dúas: ceder de xeito voluntario os seus terreos para a ampliación da estrada, ou decantarse pola expropiación.

    En total, son unhas 51 fincas as que están afectadas polo plan de urbanización da rúa. A vantaxe que lle pode supoñer a cesión voluntaria ós propietarios, é que con ela poden acadar unha compensación urbanística que se traduce na reserva e reposición de bens coma peches, muros ou garaxes que poidan verse afectados pola sobras. Non reciben porén ningunha cantidade económica a cambio.

    Para aqueles que non optasen pola cesión voluntaria ó concello, levaranse a cabo as expropiacións dentro duns quince días, co levantamento das actas previas.

    Redacción Salnés