PONTEVEDRA> O Centro Comercial Urbano Zona Monumental de Pontevedra cumpre vinte anos, e para celebralo argallou esta fin de semana…
{flowplayer}images/salnes/150609_aniversario_zona_monumental.flv{/flowplayer}
… diversas actividades para tódolos públicos. En primeiro termo, organizouse na Praza da Verdura, en horario de mañá e tarde, un mercado de productos galegos. Aquí, os pontevedreses e visitantes puideron mercar productos 100 % do país como son o viño albariño, a mel, licores e augardentes, queixo ou leite, entre outros. Para os clientes, preto do Mercado de Abastos, repartíronse artigos de merchandising, como bolsas e parasoles co logotipo do Centro Comercial Aberto. Xa pasado o serán, programouse unha actuación do grupo Galego de Música Folk Avelaíña, na Praza do Teucro.
Ó longo de toda a xornada, os pequenos e pequenas do municipio puideron desfrutar dun día do máis entretido, con xogos tradicionais e inchables na Praza de Curros Enríquez. Ademais, os amigos da banda deseñada puideorn asistir a un taller de debuxo co autor da serie infantil Os Bolechas, Pepe Carreiro.
Para rematar o aniversario, comerciantes e autoridades locais reuníronse en torno á mesa nunha cea que tivo lugar no Parador de Pontevedra. No transcurso deste acto, sorteouse entre os asistentes unha xantar e unha estancia neste mesmo parador.
Redacción Salnés