A Xunta investirá 3 millóns de euros na mellora da EDAR de Noia

NOIA> A Xunta de Galicia investirá preto de tres millóns de euros na mellora da depuradora de Noia. Este proxecto vense sumar a outros relacionados coa calidade das augas como o bombeo da Barquiña ou os investimentos na Estación Potabilizadora.

A Consellería de Infraestruturas e o concello de Noia xa asinaron o convenio para a mellora da EDAR de Abruñeiras.  O investimento, próximo ós 3 millóns de euros que se materializará en dúas anualidades, permitirá optimizar o funcionamento da depuradora mediante o reforzo de elementos estruturais e a mellora dos sistemas de depuración.

Xunto con esta gran actuación, o concello de Noia segue a avanzar na mellora da rede de saneamento corrixindo deficiencias ou problemas de vertidos como os novos colectores de Becollo, na parroquia de Argalo, ou a instalación dun bombeo na zona da Barquiña.

Ademais das inversións previstas en saneamento, a Xunta de Galicia destinará preto dun millón de euros á mellora da estación de tratamento da auga potable co fin de mellorar as augas da rede municipal e acabar cos episodios de turbidez. Todas estras actuacións suporán un investimento global de 5 millóns de euros na mellora da calidade das augas de aquí a 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí