Cinco concellos da Comarca organizan un intercambio xuvenil

    amigos_100.jpgCUNTIS> A oitava edición do intercambio xuvenil Amigos do Mar e da Montaña xa está en marcha. Medio cento de rapaces dos concellos de Cuntis,…

    {flowplayer}images/salnes/150609_amigos_mar_e_montana.flv{/flowplayer}

    … Vilanova, Valga, Pontecesures e Poio participarán este ano nesta iniciativa lúdica que terá lugar a principios do mes de Agosto nos anteditos concellos. Esta convivencia, que este ano ten a maxia como fío conductor, fomentaranse as relacións sociais entre os rapaces participantes, así como a súa diversión, o respecto ó medioambiente e a adopción de hábitos de vida saudables.

    A primeira parada desta excursión será o Concello de Vilanova de Arousa o día 5 de agosto. Pola tarde estes mozos e mozas desfrutarán da praia do Terrón, antes de ir a pasala noite a Poio, ós arredores da Comunidade de Montes de Samieira, onde terá a oportunidade de desfrutar con talleres e contacontos. Á mañá do día seguinte comezarán o día de visita en Poio.

    A visita continuará en Cuntis onde acudirán o balneario antes de merenda. Mais tarde formarán parte nun obradoiro de maquillaxe e caracterización para a noite meiga, que lle teñen argallada en Castrolandín. Logo, o último día, visitarán Pontecesures, onde descenderán río abaixo ata Valga para participar na festa de despedida.

    Redacción Salnés