NOIA> Noia quenta motores para a décima edición do Noia Harp Fest. Será entre o 3 e o 6 de agosto e, un ano máis, reunirá ós máis destacados talentos da arpa. A actuación estelar correrá a cargo da Real Filharmonía de Galicia.
Nesta décima edición, o Noia Harp Fest está xa plenamente consolidado como un dos festivais da arpa de referencia non só a nivel nacional senón tamén internacional. Ademais de ser o único de Galicia e de todo o noroeste da Península Ibérica que pon o foco neste instrumento, destaca deste encontro a variedade de estilos, con agrupacións e solistas moi diversos.
Inserto
Entre este variado cartel destaca a presenza da Real Filharmonía de Galicia coa estrea da peza premiada no certame portus apostoli .
Inserto
Tódolos concertos serán de entrada libre e desenvolveranse en horario de tarde en espazos emblemáticos da vila como a praza do Tapal, a igrexa de Santa María a Nova ou o Coliseo Noela ou o Liceo. Neste último terá lugar o encontro das escolas galegas de arpa
Inserto
Este ano o festival adquire tamén unha vertente social con proxectos como Boas Vibras que levará a arpa ós hospitais de toda Galicia. A programación completa xa pode consultarse na web noiaharpfest.gal.