Unha tirolina para fomentar as compras no comercio local

POBRA> Dende hoxe ata o vindeiro 16 de xullo as compras na vila terán premio. E este non é outro que poder tirarse por unha tirolina duns oitenta metros instalada na Praza Maior. A actividade, que está organizada polo Concello e o comercio local, busca fomentar as vendas.

O Concello en colaboración co comercio local e os postos da praza de abastos son os promotores desta iniciativa de dinamización comercial que xa é un dos principais atractivos do verán. Para poder tirarse pola tirolina haberá que encher unha tarxeta cos selos dos establecementos comerciais que participan nesta iniciativa.

Pero a tirolina non é a única actividade prevista, ofertándose tamén outros xogos para os máis pequenos, coma un circuíto de trikes ou un laberinto de gomas.

Dende o Concello animan ós veciños da Pobra e tamén a visitantes a mercar no comercio local e poder disfrutar destas actividades.