![]()
PONTEVEDRA> Segundo o conselleiro de Cultura, esta podería ser unha das vías de colaboración entre Xunta e Deputación en materia cultural.
{flowplayer}images/salnes/150609_conselleiro_cultura.flv{/flowplayer}
O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, amosouse moi interesado en coñecer o Novo Museo de Pontevedra para comprobar a ampliación do edificio e a súa actividade. Á súa chegada foi recibido polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís. Todos eles realizaron un percorrido polas novas instalacións, ademais de visitar a rehabilitación do edificio Sarmiento e o antigo Museo. O conselleiro pretende deste xeito coñecer de preto a actividade e proxectos que se están a levar a cabo neste centro para valorar a forma na que a Xunta pode colaborar.
O presidente da Deputación remarcou que o Museo de Pontevedra conta con 5 edificios e máis de 20 mil metros cadrados de superficie, destacándoo como un dos máis importantes no seu xénero a nivel nacional. De aí a necesidade da ampliación das instalacións que están a levar a cabo.
O titular de Cultura aproveitou esta visita para avanzar que mañá sairá publicado no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do concurso internacional para cubrir a praza do director do Centro Galego de Arte Contemporánea, con sé en Santiago.
Redacción Salnés









