Noia fomenta hábitos de vida saudables entre a súa poboación

congresosaude_100_150609.jpgNOIA> O concello de Noia acolleu esta fin de semana o II Congreso de Educación para a Saúde que busca promover hábitos de vida saudables.

{flowplayer}barbanza/congresosaude.flv{/flowplayer}

A directora xeral de Saúde Pública e Planificación da Consellería de Sanidade, Sagrario Pérez, foi a encargada de inaugurar a segunda edición deste congreso que se enmarca no programa ‘Concellos Saudables’ promovido pola Xunta de Galicia.

Na súa intervención, a responsable autonómica lembrou a importancia de promover prácticas cotiás que favorezan a nosa saúde, como unha alimentación sá, o exercicio físico e o rexeitamento de hábitos tóxicos como o tabaco e as drogas.

Prevención

Precisamente, o alcalde noiés, Rafael García Guerrero, avogou pola necesidade de fomentar a prevención e a sensibilización entre a cidadanía para adoptar este hábitos de saúde que evitan a aparición de patoloxías.

Ademais das charlas e conferencias a cargo de numerosos expertos poranse en marcha outras iniciativas no marco deste programa como os plans de prevención do consumo de drogas nos centros escolares ou os almorzos e merendas saudables que inclúen tamén obradoiros de cociña e visitas educativas ó mercado municipal.

Tamén se desenvolverán programas similares para o colectivo da terceira idade e para as familias e se reforzará a colaboración co centro de saúde para a revisión dos hábitos alimenticios das persoas que padecen obesidade. Tamén se pretende fomentar a lactancia materna coa colaboración permanente da asociación Mámoa e promover a actividade física entre tódalas franxas de poboación.

Redacción Barbanza