Hernández aposta polo incremento da protección para motoristas

    concentracionmotospadron_100_150609.jpgPADRÓN> O Club Pemento Rácing de Padrón organizou unha concentración moteira á que acudiron pilotos de toda Galicia.

    {flowplayer}barbanza/concentracionmotospadron.flv{/flowplayer}

    Centos de moteiros déronse cita esta fin de semana en Padrón que se converteu na capital galela do mociclismo grazas á segunda concentración organizada polo Club Pemento Rácing de Padrón.

    O encargado de inaugurar oficialmente esta concentración foi o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández. Durante a súa intervención, o responsable autonómico comprometeuse a priorizar a seguridade vial no deseño e execución das infraestruturas.

    Gardarraís bionda

    Así mesmo, ratificou o cumprimento dos compromisos adquiridos polo seu partido durante a campaña electoral para incrementar os sistemas de protección para motoristas na autovía do Barbanza. Compromiso que novamente foi recollido polo alcalde de Padrón, Camilo Forján, que no seu día xa se posicionou do lado do club motociclista esixindo melloras nesta e noutras estradas galegas.

    Agustín Hernández non foi o único convidado especial a esta cita posto que tamén asistiron ó evento o voceiro parlamentario popular, Manuel Ruíz, e o Conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda, dous grandes afeccionados ó mundo do motor.

    Redacción Barbanza