As peñas das Festas de Boiro aumentarán este ano o seu protagonismo nos festexos

BOIRO> Representantes da comisión de peñas das festas de Boiro presentaron en rolda de prensa as principais novidades de cara a edición dos festexos deste ano. Unha das máis importantes é que aumentarán o seu protagonismo, comezando xa o primeiro día cun Remember Fest a partir das dez da noite na Cachada.

Aínda así o día especial será o luns 8, cando se celebre o Día das Peñas, coa participación duns 1.500 peñeiros, que realizarán os tradicionais xogos populares ao mediodía. Ese día  está prevista tamén a Festa da Auga, na que se desenvolverá tamén unha das novidades co ‘mangueirazo de honra’, este ano a cargo a xogadora de voleibol local Ana Bugallo.

Dende as peñas apelan á responsabilidade  e o civismo para evitar tamén que se produzan incidentes desagradables.

Un aspecto este no que tamén incidiu o alcalde, Xosé Ramón Romero.

As peñas aproveitaron tamén para presentar o novo logo da entidade, a imaxe dunha serea co mar ao fondo, e anunciar que volverán a organizar por segundo ano a Romaría Peñeira o vindeiro 24 de agosto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí