Os presidentes das Deputacións do PP apostan polo seu futuro

    presidentesdeputacion copia100.jpgPONTEVEDRA> Numerosas autoridades do partido asistiron ó encontro, encabezado polo presidente nacional da formación, Mariano Rajoy.

    {flowplayer}images/salnes/PRESIDENTES_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    Unha vez máis a crise foi un dos temas centrais da axenda que marcou a xuntanza desta mañá, na que estiveron presentes os 32 presidentes de Deputacións que o PP conseguiu nas pasadas eleccións. A todos eles se dirixiu o líder popular, Mariano Rajoy, que buscou o compromiso dos presidentes provinciais co programa que rexerá a actuación do partido.

    Pero ademais da crise, o futuro das Deputacións marcou a reunión. O Partido Popular pechou filas a favor desta institución.

    Uns obxectivos para os que os populares apostan pola reformulación de todas as administracións do estado.

    Como clave da xuntanza, os líderes populares avogaron pola comunicación entre as diferentes administracións, algo que Rajoy comezou animando ós presidentes das deputacións a presentar ideas que axuden a mellorar a xestión dos seus recursos.

    Redacción Salnés