Unhas dúas mil persoas piden o peche de Ence Elnosa

    manifa_ence100_150609.jpgPONTEVEDRA> Unhas dúas mil persoas participaron na Marcha Anual contra Celulosas, organizada pola APDR.

    {flowplayer}images/salnes/MANIFA_ENCE.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Unhas dúas mil persoas participaron este sábado na Marcha Anual contra Celulosas, organizada pola Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra.

    A marcha discorreu sen incidentes, desde as alamedas de Pontevedra e Marín ata as portas do complexo de Ence Elnosa, en Lourizán. O portavoz da APDR, Antón Masa, criticou ó anterior goberno da Xunta, ó que acusou de frustrar as esperanzas de moitos coa concesión das autorizacións ambientais integrais, que garanten a presenza da factoría ata 2011. Para Masa, a volta do PP fará máis difícil pechar o complexo antes de 2018 e por iso insiste na presión social.

    Antón Masa afirmou que ‘Ence Elnosa é un complexo ilegal e contaminante, que impide desde hai tempo o saneamento e recuperación da ría’. Acusou a sindicatos e dirección de Ence de utilizar a crise de forma interesada, para evitar o peche da fábrica. Para a APDR, a pasteira, ‘máis que un motor económico é un freo para a comarca’.

    Na lectura de manifestos tamén interveu Marie Ritanti, unha muller arxentina, que criticou a expansión de Ence nos países andinos. Apoiaron á APDR tódolos concellos da ría de Pontevedra (agás Sanxenxo), agrupacións de mexilloeiros, sindicatos, e colectivos ecoloxistas como a Plataforma en Defensa da Ría de Vigo, entre outros.

    Redacción Salnés