Acciona executará a lonxa de Ribeira, deseñada por Portela

    adxudicacionlonxaribeira.jpgRIBEIRA> A consellería do Mar vén de adxudicar á empresa Acciona a construción da futura lonxa, presupostada en 16’5 ´millóns de euros.

    {flowplayer}barbanza/adxudicacionlonxaribeira.flv{/flowplayer}

    Cun certo retraso sobre as previsións iniciais, debido ó alto número de empresas que se presentaron ó concurso, un total de 19, a Consellería do Mar, vén de dar a coñecer o nome da empresa que resultou adxudicataria do mesmo, e que se encargará da redacción do proxecto e tamén da execución das obras da futura lonxa ribeiresa. Trátase da firma Acciona, que levará a cabo a actuación cun presuposto de 16’5 millóns de euros.

    A presentación oficial do proxecto, elaborado polo afamado arquitecto César Portela, terá lugar este sábado, na propia casa consistorial, e a ela está previsto que acuda a propia Conselleria do Mar, Rosa Quintana.

    División de opinións

    A nova reabre de novo a polémica sobre a idoneidade ou non da ubicación desta nova infraestrutura. As asociacións de maioristas e minoristas que se dedican á comercialización de peixes e mariscos nesta rula, principais afectados, seguen afirmando que a instalación da lonxa na explanada utilizada para a reparación das redes non é a máis axeitada.

    Segundo o presidente de ACOPERI, Manuel Vidal, a súa opinión non foi tida en conta, a pesar de ser un dos colectivos máis afectados.

    Aínda por decidir e á espera dunha nova xuntanza da entidade, non descartan emprender accións de protesta para volver a amosar o seu malestar pola elección desta ubicación.

    Redacción Barbanza