![]()
VILAGARCÍA> Os socialistas do Salnés mobilizaranse se a Xunta non aclara o futuro do Hospital Comarcal.
{flowplayer}images/salnes/PSOE_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Os socialistas do Salnés está dispostos a mobilizarse se a Xunta non aclara o futuro do Hospital Comarcal e da súa área sanitaria.
Así o indicou a secretaria xeral do PSdeG de Vilagarcía, Tania García. Segundo explicou, esperarán un tempo prudencial para que a conselleira de Sanidade tome unha decisión, pero se non a hai ou ven redución de servizos e paralización das obras no hospital, entón sairán á rúa.
Os socialistas lembran que hai aprobado un plan funcional ata 2012, con tres fases de ampliación, que está a punto de acabar a primeira e que non se sabe cando se vai sacar a contratación a segunda. O asunto irá ós plenos dos concellos do Salnés, por medio dunha moción.
Os representantes municipais da Illa de Arousa e Vilagarcía foron os que asinaron, xunto con sete colectivos veciñais, a solicitude da reunión extraordinaria da Comisión de Participación Cidadá do Hospital do Salnés. Están á espera de que o novo xerente os convoque.
Redacción Salnés









