300 mozos participan no programa de educación viaria Road Show

    roadshow_100_001.jpgPONTEVEDRA > Uns 300 mozos de Pontevedra participaron esta mañá no programa de educación viaria Road Show.

    O Obxectivo desta iniciativa foi o de concienciar ós asistentes do perigo e das consecuencias dos accidentes de tráfico. Expertos e vítimas mostraron o lado máis duro e real dos sinistros nas estradas. Os accidentes de tráfico son a primeira causa de mortalidade entre os máis mozos, por riba de enfermidades coma o cáncer ou a sida. E a este dato hai que engadirlle que tamén son a principal causa de discapacidade entre os menores de 30 anos.

    No acto celebrado hoxe en Pontevedra buscase evitar que se sigan sumando mortes, concienciando para iso ós mozos dos perigos e das consecuencias dos sinistros automovilísticos. Para isto botouse man dunha representación teatral multimedia na que se intercalaron montaxes audiovisuais que simulaban accidentes de tráfico, coa testemuña en directo dos profesionais sanitarios, policiais e os bombeiros que cada día atenden os sinistros. Para todos eles a responsabilidade ó volante é un aspecto clave para evita-los accidentes. Para estes profesionais, mantela distancia entre os eu lado humano e a súa faceta profesional, é unha cuestión básica para poder realizar correctamente o seu traballo .

    No Road Show tamén aportaron a súa experiencia vítimas de accidentes de tráfico. Ademais, fíxose unha mención especial ás lesións medulares, unha das consecuencias máis frecuentes e máis traumáticas que adoitan derivar dos sinistros nas estradas, e das que non hai volta atrás. Durante o pasado ano, 360 persoas deixaron a vida nas estradas galegas, e case sete mil resultaron feridas.

    Redacción Salnés