Alberto Núñez Feijóo: ‘Pontevedra é, e seguirá sendo, capital de provincia’

    feijoo_capitalidade.jpgPONTEVEDRA> O presidente da Xunta quita así ferro á manifestación en defensa da capitalidade, aínda que di respectar o dereito dos cidadáns a mobilizarse.

    {flowplayer}images/salnes/160609_feijoo_capitalidade.flv{/flowplayer}

    O presidente da Xunta de Galicia quere acalar as voces que sosteñen que Pontevedra verá mermado o seu estatus como capital de provincia logo de que o Executivo Autonómico decidise situar en Vigo unha segunda delegación territorial do Goberno. Para o alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores esta explicación non é suficiente. Insiste en que a división administrativa deseñada pola Xunta prexudica a Pontevedra, e incluso podería dar pé a unha división da provincia.

    Alberto Núñez Feijóo tamén se referiu á outra polémica que enfronta nos últimos días a estas administracións: cando se producirá a primeira xuntanza entre o líder do Executivo Galego e rexedor pontevedrés. A cita xa ten data: será o vindeiro venres 26 de xuño.

    Redacción Salnés