O BNG da Pobra demanda a ampliación das beirarrúas de San Roque

    POBRA> O BNG da Pobra levará ó próximo pleno a solicitude de ampliación das beirarrúas existentes na rúa San Roque, nas inmediacións do Concello. Dende a formación nacionalista consideran necesaria esta actuación debido a inseguridade existente na zona. A rúa San Roque é unha das arterias de circulación máis importantes do casco urbano pobrense, empregada por oitos vehículos para acceder dende o casco urbano a varias urbanizacións, pero tamén por peóns. A excesiva estreitez das beirarrúas fai que moitos destes peóns deban invadir a propia estrada para transitar pola zona, supoñendo un grave risco para a súa seguridade. Ademais dende o BNG solicítanlle tamén ó equipo de goberno a posta en marcha do plan de accesibilidade e de zonas trinta que xa foi aprobado por unanimidade en pleno.