Rianxo volverá a acoller a Feira do Libro

    RIANXO> Desenvólvese na vila por segundo ano consecutivo. Os amantes da lectura teñen unha cita obrigada do 24 ó 27 deste mes, na vila natal de Castelao. Haberá ademais teatro, música e gastronomía para amenizar as distintas xornadas.

    A cultura impregnará Rianxo do 24 ó 27 de xullo, coincidindo coa feira do libro de Galicia. Unha apertada programación ofrecerá actividades da mañá á noite, para os públicos de tódalas idades. Nestes días poderemos asistir a máis de dez presentacións literarias, roteiros de teatro pola vila rianxeira, obradoiros ecolóxicos e concertos entre outras. Este é o segundo ano que Rianxo acolle esta cita cultural. Ó igual que a pasada edición, haberá seis casetas de librerías galegas, dúas delas do municipio. Todos aqueles que merquen nelas, entrarán nos sorteos de lotes de libros, así como escapadas de fin de semana. Todo isto co obxectivo de animar ás compras e á súa vez fomentar a lectura entre os visitantes. Desde o concello e a organización esperan que as xornadas sexan un éxito. O evento, do ano pasado, veuse ensombrecido pola traxedia de Angrois que obrigou a cancelar boa parte das actividades festivas. Aínda así a venta de libros foi realmente boa.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí