O BNG solicita maior transparencia na contratación do persoal de limpeza

    bngpobracontratacions_100_190609.jpgPOBRA> Os nacionalistas  fanse así eco das queixas dalgúns veciños que aseguran que estas prazas xa están adxudicadas a persoas afíns ó PP e ó equipo de goberno.

    {flowplayer}barbanza/bngpobracontratacions.flv{/flowplayer}

    Esta non é a primeira vez que o grupo municipal do BNG denuncia as contratacións irregulares realizadas dende o concello pobrés. Nesta ocasión os nacionalistas fanse eco dun rumor que circula pola localidade de que as prazas de persoal para a limpeza das praias este verán xa están asignadas, atendendo a criterios arbitrarios e a posibles amiguismos. Por esta razón fan un chamamento ó executivo local instándolle á realización dun proxecto limpo, ó que poida acceder todo o mundo en igualdade de oportunidades.

    Readdación Barbanza