Suso Torrado vence na BTT de San Martiño

RIBEIRA> Esta pasada fin de semana arrancaba o circuito Bike Series 2019 que organiza a asociación Arousa NeO coa disputa da BTT de San Martiño. A proba, con saída e chegada no campo de fútbol da Trinidade, na parroquia ribeirense de Oleiros, contou cunha participación de ó redor dun cento de corredores. A vitoria final na categoría absoluta masculina foi para Suso Torrado do Club Ciclista Barbanza que se impuxo nun apurado sprint ó seu compañeiro de equipo, Xosé Manuel Prado. Os dous completaron o percorrido duns 40 quilómetros, na súa ampla maioría por pistas de terra, cun tempo de unha hora e 49 minutos. Por detrás deles, en terceira posición entrou Claudino Miron do Club Peña Ciclista Toxo de Noia. A próxima cita do circuito Bike Series 2019 será o domingo 6 de outubro coa BTT de Postmarcos, no concello da Pobra do Caramiñal, para rematar o domingo 20 de outubro en Porto do Son coa contrarreloxo de Portosín.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí