![]()
BOIRO> IC Boiro denuncia o mal estado en que se atopa o paseo de Barraña, despois de que se acometeran as obras de rexeneración do areal.
{flowplayer}barbanza/velobarrana.flv{/flowplayer}
Dende a formación independente denuncian que, a pesar de que xa transcorreu máis dun ano dende que finalizaron os traballos de rexeneración de Barraña, a situación do paseo marítimo deixa aínda moito que desexar.
A empresa responsable dos traballos habilitou unha serie de accesos de cemento para o tránsito de vehículos pesados por riba do carril bici e do propio paseo que a día de hoxe aínda non foron retirados. O mesmo acontece cos escombros acumulados nunha parcela a carón do paseo que, segundo ICBoiro, ofrecen unha mala imaxe a veciños e visitantes.
Falta de servizos
O voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro insiste ademais na falla de mantemento deste importante foco de atracción turísitca, tal e como evidencian o feito de que os baños públicos permanzan pechados ou que moitas duchas non conten con auga.
Por estas razóns, remitiron varios escritos ó executivo local instándolle a acometer unha actuación no paseo, lembrando que non sería necesaria unha importante inversión senón maior vontade política.
Redacción Barbanza








