RIANXO> A empresa Distribunosa fabrica e comercializa mamparas de protección de cristal templado. Nas últimas semanas a firma, radicada en Araño, recibíu varios encargos por parte de empresas da zona.
Sensibilizados dende o inicio da crise sanitaria a consecuencia da situación creada pola Covid-19, dende Distribunosa puxéronse mans á obra fabricando un amplo abano de mamparas protectoras para poñelas a disposición daqueles negocios que o necesitaran. Na sua nave do Araño realizan este tipo de elementos con medidas estándar, pero tamén adaptándose ás necesidades específicas de cada cliente.
Estas mamparas están fabricadas en cristal templado de seis milímetros, o que lle dá maiores posibilidades sobre o metacrilato. Son máis resistentes e máis sinxelas de limpar.
Estas pantallas protectoras son ideais para calquera tipo de negocio de atención ó publico como poden ser comercios, bares ou restaurantes.
Aquelas empresas interesadas en calquera destes produtos só teñen que poñerse en contacto coa firma, a través do seu correo electrónico: info@distribunosa.con, ou ben no teléfono 981 84 39 10. Eles encargaranse de facerlle un estudo pormenorizado das súas necesidades, facéndolle un presuposto a medida e sen compromiso.