Carmen García Díz faleceu de morte accidental

    vila_100.jpgVILAGARCIA> A autopsia da muller encontrada morta onte en Vilagarcía desvela que faleceu por unha hemorraxia estomacal, tal e como anunciou…

    {flowplayer}images/salnes/230609_morta_en_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … a subdelegación do Goberno en Pontevedra. Con este resultado, descártase a posibilidade de que a causa do falecemento de Carmen García Diz fose a violencia de xénero. Esta veciña de Vilagarcía, de 55 anos, foi encontrada a media mañá de onte polo seu marido no piso no que residían neste número 30 da Rúa Arzobispo Gelmírez. Este seu home, Fernando Vázquez, expolicia nacional de 60 anos, declarou ter encontrado a súa muller xa morta nun dormitorio da vivenda, logo de que el pasase a noite fora da casa. Nun primeiro momento, barallou a hipótese do homicidio ou asasinato, ante os moitos hematomas que presentaba o corpo sen vida da muller. Foi por esta razón pola que o policía en segunda actividade, foi detido e pasou a disposición xudicial.

    Agora, malia confirmarse que a causa da morte foi accidental, seguirase a investigar a causa da procedencia dos hematomas.

    A agora falecida era ben coñecida neste Concello onde rexentou varios anos Etolia, unha tenda de roupa na Praza de Galicia e logo na rúa Arzobispo Gelmírez e na Praza de España. Esta tarde foi soterrada no Cemiterio de Meis.

    Redacción Salnés