![]()
CAMBADOS> Cambados logrou reeditar o título de Concello Saudable, e co apoio da Consellería de Sanidade desenvolverá diversas actividades …
{flowplayer}images/salnes/concello_saudable.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> Cambados logrou reeditar o título de Concello Saudable, e co apoio da Consellería de Sanidade desenvolverá diversas actividades ó longo do ano para promover unha vida sen tabaco, alcol e drogas e para fomentar a actividade física regular.
O proxecto ten un investimento de máis de 71 mil euros, dos que 50 mil son achegados pola Xunta. Hoxe presentouse a nova edición. O Concello contratou para este programa a unha técnica para a área de nutrición, dietética e tabaco e outra para coordinar a actividade física e o deporte.
O programa que confeccionaron recolle campañas para combater consumos nocivos, charlas sobre alimentación sa ou mesmo obradoiros de compra eficaz. Tamén haberá ximnasia, ioga, risoterapia e andainas. O proxecto presentouse hoxe a representantes de diversos colectivos do municipio e mantense aberto ás súas propostas.
Programas como este de Cambados, están a achegar prácticas saudables a uns 380 mil galegos e a Xunta destina a estas actividades un total de 920 mil euros.
Redacción Salnés








