A Deputación incluirá no seu Plan Anticrise ó rural pontevedrés

    plan_anticrise_deputacion_100_211108.jpgPONTEVEDRA > Máis de 15.000 veciños carecen de servizos básicos como a recollida de pluviais ou o abastecemento de auga.

    A partir de xaneiro, a Deputación de Pontevedra promoverá un plan de reactivación económica e mellora de infraestruturas en todo o concello. Segundo o seu presidente, Rafael Louzán, trátase dun investimento histórico que ten como finalidade dotar de servizos básicos ós pontevedreses. É por isto que o portavoz popular no concello, Telmo Martín, lle solicitou unha reunión para comunicarlle que actualmente, máis de 15.000 veciños do rural pontevedrés carecen de rede de saneamento e abastecemento de augas.

    Louzán asegurou que a Deputación incluirá estas demandas no seu Plan Anticrise, aínda que lembrou que este organismo xa investiu preto de seis millóns de euros en saneamento nos últimos catro anos. Segundo o presidente provincial, a xestión desta partida está nas mans do Goberno galego, e asegura descoñecer  "que é o que fai o actual goberno da Xunta con esa achega que puntualmente lle facemos".

    Para Telmo Martín, o prioritario é que tódolos pontevedreses poidan dispor de servizos básicos coma o saneamento, e cantas máis administracións traballen en conseguilo moito mellor. A instalación desta rede de saneamento beneficiará a barrios coma o de Monteporreiro, sen separación de pluviais e fecais, o que repercute na contaminación do río Lérez.

    Redacción Salnés