O Rallye de Pontevedra partirá dende Sanxenxo no seu regreso tras 26 anos de ausencia

SANXENXO> Preséntase en Sanxenxo a terceira edición do Rally de Pontevedra. A competición ten como novidade este ano a celebración dunha etapa na vila de Sanxenxo. O evento que terá lugar do 18 ao 20 de xuño, tamén se disputará no concello de Meaño.

O terceiro rally de Pontevedra chega ao concello de Sanxenxo. A competición do motor celebrarase do 18 ao 20 de xuño. A proba, que non se celebraba dende o ano 85, partirá nesta edición da vila turística por excelencia do norte de España.

O sábado os participantes sairán do parque de traballo cara os tramos cronometrados, nos concellos de Meaño, Pontecaldelas e Cerdedo Cotobade. Para o alcalde de Sanxenxo o traballo entre todos os municipios é vital para fomentar deporte e turismo.

Organizada pola escudería Congostra Team Sanxenxo, a competición tamén contará co apoio da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia. O deputado de deportes destacou a importancia de apostar nestes momentos por competicións deportivas.

Dende a xunta agardan que esta competición axude a que o mundo do motor recupere a normalidade.

O rally terá unha inscrición dun máximo de 160 participantes. A proba estará enmarcada dentro do campionato galego de rallys.