Pontevedra acolleu a celebración de Panos Brancos contra á droga 2009

    panos_brancos100.jpgPONTEVEDRA> A Fundación Galega contra o Narcotráfico organizou o acto no que participou unha ampla representación da sociedade e da política local.

    A droga segue a ser a principal preocupación da sociedades a nivel mundial, segundo os datos da ONU. Un problema contra o que loita a Fundación Galega contra o Narcotráfico, con sede en Vilagarcía. O colectivo presidiu hoxe o acto Panos Brancos 2009 que este ano se celebrou en Pontevedra.

    A xornada Panos Brancos contra a droga naceu en Vilagarcía hai dous anos. Na súa segunda edición, no ano 2008, trasladouse a Santiago e hoxe celebrouse en Pontevedra. Un ampla representación da política e da sociedade local acompañou á directiva da Fundación Galega contra o Narcotráfico. O seu presidente abriu o acto, na praza da Peregrina, coa lectura dun manifesto en contra do consumo e do tráfico de drogas.

    José Manuel Siso Bartolomé pediu ó novo goberno da Xunta unha nova lei antidroga e unha regulación que impida o fenómeno do botellón. Despois do discurso, comezou unha marcha coa bandeira branca por varias cidades de Pontevedra.

    OS ABANDEIRADOS

    O alcalde foi o primeiro en portar o símbolo contra a droga, que logo levaron o resto dos abandeirados, entre eles a secretaria da federación nacional de asociacións de axuda ós drogodependentes, o vicario episcopal de Pontevedra ou o Fiscal de delitos económicos de Pontevedra. Durante a marcha, a comitiva topou cun piquete da folga do metal, que apoiou a marcha antidroga. O paseo rematou na ponte dos tirantes cunha regata de piragüismo, na que participaron diversos clubs deportivos de Galicia.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/260609_panos_brancos.flv{/flowplayer}