Ribeira acollerá este sábado un festival benéfico en favor da biopsia líquida

    RIBEIRA> A iniciativa, que parte do propio Concello, desenvolverase a partir das seis e media da tarde no auditorio municipal. En total serán unhas doce entidades do municipio as que colaborarán con esta actividade, entre as que se atopan a Coral Polifónica Municipal e a Coral do Círculo Mercantil, o grupo Tahume e o grupo Bailadela, así como a Asociación Haveira e Escola de Baile El Tomasón. Dende a concellería de Servizos Sociais quixeron agradecer a súa colaboración con esta causa solidaria, ó tempo que fixeron tamén unha chamada á veciñanza para que acuda ó sábado ó festival. Ese día instalarase unha mesa da Delegación Local de Oncomet ás portas do auditorio que se encargará de recoller os donativos que queiran facer as persoas que acudan ó evento.