LOUSAME> O concello de Lousame acometerá unha serie de melloras nas infraestruturas deportivas. O proxecto máis destacado é a substitución da cuberta do polideportivo municipal.
Unha vez redactado o proxecto de substitución da cuberta do polideportivo municipal, o concello de Lousame busca financiamento para a súa execución. O obxectivo da administración local é asinar un convenio coa Xunta de Galicia para que asuma o cincuenta por cento do custo da obra.
Esta non será a única actuación en materia de infraestruturas deportivas. O concello proxecta tamén unha mellora no campo de fútbol da Silva coa dotación de vestiarios e unhagrada cuberta.
Outras das melloras previstas son o cambio do alumeado no campo de fútbol de Cabanetán por un sistema máis eficiente así como as reformas no vaso da piscina municipal.