Comezan as obras en Cruceiro de Cruces e Arrochela

    RIBEIRA> O executivo ribeirense informou do inicio dunha nova actuación consistente na pavimentación e instalación de pluviais nas rúas Cruceiro de Cruces e Arrochela na parroquia de Palmeira. estas dúas obras están a ser executadas pola empresa Construcciones Oñial, S.L., cun investimento de máis de 157 mil euros. As dúas rúas presentaban un pavimento de formigón no que se observaba un notable deterioro. Conforme ó proxecto elaborado polos servizos técnicos municipais, o pavimento está sendo demolido e substituído por materiais semellantes aos existentes en rúas do entorno, a base de adoquín prefabricado de formigón en cores gris e verde. O prazo de execución dos traballos será de tres meses.