A Basket Camp recibe con orgullo a visita de Garbajosa

garbajosa250_290609.jpgVILAGARCÍA> A Vilagarcía Basket Camp deste ano xa está en marcha. Onte foi inaugurada oficialmente no Liceo Casino e hoxe comezaron as actividades para os 180 rapaces que participan nela. O gran atractivo desta sexta edición, a presencia dun ex-NBA e xogador da selección española: Jorge Garbajosa.

{flowplayer}images/salnes/basketcamp_290609.flv{/flowplayer} 

Tódalas miradas centrábanse esta mañá nun dos xogadores máis queridos pola afección, un dos grandes da historia do baloncesto nacional. Tras varios tentativas fallidas, este ano sí que houbo un oco na apretada axenda de Jorge Garbajosa para achegarse a Vilagarcía e vivir de preto o que este campus significa para o baloncesto base en Galicia. Charlou con eles, faloulles da súa vida como xogador profesional e axudoulles a manexarse en inglés, outro dos obxectivos da Basket Camp.

Garbajosa deixou o ano pasado os Toronto Raptors e a NBA para enrolarse no equipo ruso do Kimki de Moscú, dirixido polo seleccionador nacional, Sergio Scariolo. Precisamente o italiano deu a coñecer esta mañá a lista dos 12 convocados para o Europeo de Polonia deste verán, no que estará o ala-pivot madrileño. Destacan as renuncias de José Manuel Calderón e Fran Vázquez.

Nas últimas horas tamén se falou sobre a posibilidade de que Garbajosa puidese voltar a ACB o vindeiro ano para recalar nas filas do Real Madrid. Él no lle pecha a porta a un posible retorno.

Xunto a Garbajosa, outros xogadores de renome internacional comparten horas de baloncesto cos rapaces. Sandro Nicevic, membro da selección croata e da Benneton de Treviso e Carlos Suárez, aleiro do Estudiantes, non quixeron faltar á cita. Esta tarde continuarán os adestramentos e para as seis quedará o encontro que disputarán políticos, deportistas e xornalistas. Garbajosa, Nicevic e Suárez compartirán parqué entre outros con Sara Gómez, Antón Paz, Gustavo César Veloso, José Ramón Lete e Victoria Hierro.

Redacción Salnés