Comeza o último e decisivo tercio da liga

futbol250_290208_001.jpgSALNÉS > Interesante fin de semana futbolística a que temos por diante, na que o máis necesitado continúa a ser o Céltiga que buscará mañá unha victoria ante o Cerceda para saír dos postos de descenso. O resto da xornada completarse o domingo.

O primeiro en xogar será o Céltiga que o fará mañá a partires das 18:00 no campo do Roxo, ante o Cerceda. Un rival complicado, terceiro na táboa e que ven de gañar oito dos seus últimos once encontros. Pero non valen xa as excusas para os de Manuel Núñez; restan doce xornadas e precísanse os puntos para salvarse. Fran Matos será baixa afectado por un proceso gripal.

Tamén precisa os puntos o Portonovo que recibirá o domingo en Baltar ó Ordes. Os de Piscis terán unha nova oportunidade para demostrar que os reforzos que se fixeron no mercado invernal non foron en balde e tentarán continuar coa boa xeira de resultados coma local que lles levan a estar máis de dous meses e medio invicto en Baltar.

O domingo tamén ás 17:00 un Vilalonga sen necesidades visita ó Verín, equipo que venlle de gañar ó Céltiga e que busca canto antes asegura-la súa permanencia. Josiño Abalde non poderá contar con John, sancionado con dous partidos trala súa expulsión da pasada xornada.

O Arousa é o que terá a priori o rival máis asequible, o Ourense B. É penúltimo na táboa e a súa estadística representa á peor defensa da liga. Ademais levan trece xornadas sen gañar, polo que os de Laxes non deberían ter problemas para suma-los tres puntos.

Destacar tamén os encontros de Preferente Autonómica nos que Unión do Grove enfrontarase ó Melias en Monte da Vila e o Ribadumia na Senra ó Porriño Industrial.

Redacción Salnés