O Telefónica Negro despídese da VOR cunha victoria

volvo250_290609.jpgSALNÉS> O barco de Echávarri e Paz foi o máis rápido en percorrer a distancia que separa Estocolmo de San Petesburgo. Este triunfo parcial na última tirada deixa un bo sabor de boca nos ‘blackies’ tras moitos meses de esforzo e sacrificio.

{flowplayer}images/salnes/insertovolvo_290609.flv{/flowplayer} 

Tras case 40.000 millas náuticas percorridas, uns 72.000 kilómetros, a Volvo Ocean Race chegou ó seu fin. O Ericsson 4 festexou o título, xa decidido dende hai semanas, e o Telefónica Negro o triunfo na última etapa, Estocolmo-San Petesburgo. O barco de Echávarri e Paz por fin viu recompensado o gran esforzo feito durante meses. 

O ‘Balck is black’ dos Bravos sonou en honor ó barco español, unha victoria que os deixou no sexto posto final. O Puma foi segundo na etapa co Telefónica Azul terceiro. Ambos remataron neses mesmos lugares na xeral por detrás do Ericsson 4.

Así púxose o peche a unha Volvo Ocean Race que voltará en 2011, con saída de novo dende Alacante.

Redacción Salnés